A Asociación


O obxectivo desta asociación, de carácter "cultural-recreativo non lucrativo", é achega-lo deporte coñecido como "Jugger" a tódalas idades promovendo a súa práctica e xuntando a tódolos grupos, equipos e asociacións sobre Jugger da nosa terra nun mesmo e forte colectivo.
Celebraranse diversas actividades (xuntanzas, obradoiros, partidos, torneos, ligas, conversas, festas, asembleas...), ben sexa na rúa coma noutros locais ou mesmo habilitados da Asociación Galega de Jugger.
A fundación e andaina desta asociación tivo lugar na cidade da Coruña en decembro de 2010, mais o noso obxectivo é contar con xente comprometida ca estenda por toda Galicia, facendo medra-la asociación en calquera localidade. Santiago de Compostela xa forma parte desta gran familia e outras cidades (como poden ser Ferrol, Lugo e Vigo) están agardando a sumarse a este proxecto nos seguintes meses. Alí onde vivan os fans do Jugger poderá existir a asociación, levando consigo tódalas actividades e acontecementos programados.
¡Agardámosvos!
Unha aperta a todos. Grazas polo voso interese e apoio.
Consulta o noso Equipo en: [Equipo AGJ: Persoal e Funcións].
