O Jugger

Para máis información, consulta-lo artigo na Wikipedia e tamén bótalle unha ollada o noso FOLLETO INFORMATIVO.
Descarga a "presentación" que empregamos nas conferencias pra coñecer todo sobre o jugger da maneira máis resumida posible pero detallada.

Imaxe


A ORIXE DO JUGGER

O Jugger foi nado nunha película de 1989 titulada "O Sangue dos Heroes" (Blood of Heroes) [título orixinal "The Salute of the Jugger"], do director David Webb Peoples na que actúa o famoso Rutger Hauer, ambientada nun futuro post-apocalíptico (semellante a Mad Max) onde a "idade dorada do século XX" (coma di a película) quedou esquecida moito tempo atrás e perdeuse a maioría dos avances tecnolóxicos.
En Alemaña, nos anos noventa do século XX, dous grupos (de forma paralela) comezaron a pensar en face-lo Jugger un xogo máis accesible e non violento (e moito menos perigoso). Co tempo fixeron unha unión, revisaron regras e fixeron unhas estandar, armas, seguridade... e co tempo conseguiron co Jugger sexa agora deporte oficial en Alemaña.

Blood of Heroes

Na película, un equipo de Jugger vai percorrendo cidades, competindo con equipos locais.
O xogo, na película, é moi sinxelo:

· Hai un cículo na metade do campo cunha caveira de can no centro e dúas estacas (unha en cada extremo do campo).
· Cada equipo conta cun corredor e catro defensores.
· O contador vai marcando o tempo lanzando pedras contra un disco metálico (tres tempos de 100 pedras por partido).
· O xogo comeza co son da primeira pedra. Nese intre os corredores teñen que facerse coa caveira e clavala na estaca do equipo contrario, apalizando ó corredor rival e evitando que sexas ti o apaleado polos inimigos.

Caveira canina

Na película os xogadores perden membros do corpo, dentes, forellas, levan roturas... ou mesmo poden rematar mortos, xa que loitan con brutalidade e armas de verdade. Algo, evidentemente, inadmisible nos nosos tempos xa co noso Jugger é unha actividade deportiva e cultural que promove honestos valores coma o compañerismo, respeto, amizade e deportividade cunha rivalidade san.


Aquí amósanse algúns videos da película pra facervos unha idea. ¡Sempre podedes vela pra saber máis!