Xuntanzas

A maioría dos acontecementos ou eventos do jugger están relacionados cos momentos de reunión, amizade e o xogo de diversas xornadas, partidos e campeonatos.
Dentro dos nosos acontecementos distinguimos tres grandes grupos (xuntanzas, xornadas de campionatos) que se amosan nesta sección.


Definimos "xuntanza" como o acto de reunión da asociación por diversos motivos. Distinguimos varios tipos:

· Asemblea:

- Reunión da Direción, Persoal e Socios pra tratar temas propios da asociación. Calquera pode asistir e votar nas decisións.

· Xuntanza:

- Reunión de mediana escala de tódolos socios dunha localidade ou provincia na que se pode levar a cabo calquera actividade, ben sexa de reunión, deportiva ou festiva.

· Convención:

- Reunión de grande escala de tódolos socios de Galicia na que se pode levar a cabo calquera actividade, ben sexa de reunión, deportiva ou festiva.

· Acampadas:

- Reunión a modo de xuntanza facendo unha acampada, ben sexa por mitivos festivos, deportivos e/ou musicais.

· Outras